Arquivo do blog

Ter Química versus Quimiofobia (A revista)


Se queres podes consultar a versión dixital

O valor económico da Q


Dentro das moitas utilidades da Q está, tamén, a súa valía económica. O feito é que pode ser usada para garantir o desenvolvemento sustentable dun país mediante a investigación en materiais e procesos que posibiliten o rexistro de patentes.

Esta parece ser a teima da famosa química chinesa Vivian Wing-Wah Yam, que nunha reportaxe feita no xornal “El Pais” por Malen Ruiz de Elvira, verque a idea da importancia de xenerar patentes para o seu país. E neste campo, como en tantos outros, a Química está nunha situación inmellorable, non por algo lle adoitan chamar a “ciencia central“.

A forza da luz

Emissive gold—the chemistry and photophysics that make gold complexes luminescent.

  1. Que é a fotosíntese artificial?
  2. A fotosíntese artificial e a enerxía “limpa”.
  3. A fotosíntese artificial ou a búsqueda do catalizador.
  4. A fotosíntese artificial e a iluminación eficiente.
  5. A fotosíntese artificial xa proporciona premios.

  1. Dos led aos oled.
  2. A iluminación con oled.
  3. Contrucción dos oled.

  1. O coste da enerxía solar con células fotovoltáicas orgánicas.
  2. O futuro das células fotovoltáicas orgánicas.

  • Síntese de novas moléculas (taxol, materiais luminiscentes)
  1. Taxol

  1. Materiais luminiscentes

A Q é todo


Se todo esta en Google, como adoitamos dicir nestes tempos, Google adoita a forma do Sistema Periódico para chegar con todo a todos.

Walt Disney e a Q


O governo estadounidense da súa época encargou estes videos para convencer a xuventude de que “o átomo é o noso futuro”

2011 Ano internacional da Química


Cada día algo novo no twiter de Muy Interesante

Un día sen quimica


o video

É posible vivir sen Química?


Sen Química non habería todo isto...

Abonda con ollar ao noso redor, con observar a nosa actividade cotián e a vida dos demáis para decarse que non. Non, non seria posible a nosa existencia, tal e como a coñecemos, sen o concurso da ciencia central, da Química. Da ciencia que estuda a estrutura, composición, propiedades e transformación das substancias. Da ciencia que estuda a materia que nos circunda e que a transforma mediante o concurso das reaccións químicas. Da ciencia que o mesmo estuda as características de determinado polímero co que se fabrican os chips, que a composición e estrutura de determinado material descuberto nas últimas excavacións arqueolóxicas ou mesmo as propiedades de determinado meteorito. Consecuentemente, a Química forma parte de todos os aspectos da nosa existencia, das nosas tarefas diarias, desde a máis simple até a máis complexa, desde a preparación e asimilación  dos nosos alimentos ata a conservación da vida no planeta.

útiles de laboratorio

Aspectos tales como o coñecemento e comprensión da estrutura da materia, das macromoléculas que realizan as funcións e os procesos bioquímicos máis elementais, tamén os máis complexos, das reaccións químicas que están na base da explicación  dos mecanismos que regulan a vida, da enerxía que se precisa para que esta se manteña e da regulación dos procesos metabólicos máis comúns, son deudores da ciencia experimental que liga a base e estrutura física dos seres vivos co seu mecanismo e función biolóxica.

Para alimentar e facilitar o benestar dun número cada vez maior de persoas foi necesario inventar novos materiais, como os plásticos e os polímeros, que permitiron o desenvolvemento de amplas capas sociais, producir novos fertilizantes e pesticidas precipitando e acrescendo os procesos naturais, controlando e aminorarando as pragas e as doenzas das prantas, poñer en práctica as técnicas do frío relacionadas coa conservación de alimentos, descubrir novas substancias farmaceuticas que melloran a nosa saúde e prolongan a vida e deseñar novos procesos industriais para xenerar a enerxía e os produtos capaces de manter todo o ciclo económico e produtivo no que está baseado a sociedade actual. O reto para o futuro será substituir os procesos químicos contaminates e nocivos para o medio ambiente por outros respectuosos e que contribúan a diminuir os efectos da contaminación nas súas diferentes modalidades e formas. Pasar dunha química industrial na que o coste medioambiental estivo mais ben ausente a outra na que o teña en conta para construir unha química benigana, sustentable e facilitadora de vida.

Todos os recursos, bens, gozos e praceres que a natureza nos subministra son o resultados de átomos e moléculas, de procesos de transformación e formación que a Química foi quen de descubrir, estudar e comprender para poder melloralos e polos a disposición dun número cada vez maior de persoas. A Química tamén está directamente relacionada co establecemento do xenoma humano, da secuenciación das bases do ADN e figura na base da síntese e obtención dos máis diversos remedios e medicamentos que palían o efecto das enfermidades, tratando de imitar aos procesos biolóxicos naturais cando non mellorándoos para permitir a curación das doenzas e aumentar o benestar e a saúde da populación.

Quimifobia: Redes a2tve E.Punset


Quimifobia. Programa Redes.
¿Quimifobia? Química en la vida cotidiana

Contaminación, drogas y venenos. Cuando pensamos en química acuden a nuestra mente ideas negativas y productos perjudiciales para nuestra salud. Diferenciamos entre lo natural y lo químico elogiando los beneficios de lo que proviene de la naturaleza en detrimento de lo creado por el hombre. Pero, ¿tiene algún fundamento este odio hacia lo químico?

John Emsley, químico y escritor de varios libros de divulgación científica, afirma que igual que hay cosas naturales que son dañinas también encontramos en la química cosas que no causan ningún daño. El mundo químico parte del natural. Muchos de los nuevos fármacos que esperamos que acaben con algunas de las enfermedades de este siglo, se encontrarán en la naturaleza y se transformarán en la industria química y farmacéutica para nuestro beneficio.

Y es que la química está en todo. Desde que nos despertamos hasta que nos acostamos la química nos persigue. No sólo la encontramos en los productos creados por el hombre sino que nuestro cuerpo también es química. Un ejemplo son nuestro “sentidos químicos”, el gusto y el olfato, percibimos sabores y aromas gracias a la química.

Para ilustrar la importancia de la química en nuestras percepciones el programa contará con diversos reportajes dedicados al vino, los perfumes y la cocina donde la química es fundamental para crear nuevas texturas, sabores y fragancias. También veremos como la química de los sentidos permite el desarrollo de dispositivos artificiales que, imitando la función de nuestra nariz o lengua, identifican olores y sabores y realizan análisis muy precisos de las características de los productos.

Enlace ao programa completo.