Unha das relacións máis descoñecidas é a da Q coa poesía. Os compañeiros de Trafegando Ronseis incansables no seu excelente traballo ,parabéns!!, atoparon unha relación que non coñeciamos en María Cegarra, primeira muller en ter un laboratorio de mineraloxía en España, poeta e amiga de Miguel Hernández. Puxéronse en contacto co instituto español que leva o seu nome para que lles mandasen os seus poemas, posto que están esgotados os libros, e mandáronllos nun pdf. Unha poesía moi interesante a súa, por certo.