Arquivo do blog

O valor económico da Q


Dentro das moitas utilidades da Q está, tamén, a súa valía económica. O feito é que pode ser usada para garantir o desenvolvemento sustentable dun país mediante a investigación en materiais e procesos que posibiliten o rexistro de patentes.

Esta parece ser a teima da famosa química chinesa Vivian Wing-Wah Yam, que nunha reportaxe feita no xornal “El Pais” por Malen Ruiz de Elvira, verque a idea da importancia de xenerar patentes para o seu país. E neste campo, como en tantos outros, a Química está nunha situación inmellorable, non por algo lle adoitan chamar a “ciencia central“.

A forza da luz

Emissive gold—the chemistry and photophysics that make gold complexes luminescent.

  1. Que é a fotosíntese artificial?
  2. A fotosíntese artificial e a enerxía “limpa”.
  3. A fotosíntese artificial ou a búsqueda do catalizador.
  4. A fotosíntese artificial e a iluminación eficiente.
  5. A fotosíntese artificial xa proporciona premios.

  1. Dos led aos oled.
  2. A iluminación con oled.
  3. Contrucción dos oled.

  1. O coste da enerxía solar con células fotovoltáicas orgánicas.
  2. O futuro das células fotovoltáicas orgánicas.

  • Síntese de novas moléculas (taxol, materiais luminiscentes)
  1. Taxol

  1. Materiais luminiscentes

Q e muller no 8 de marzo


Lemos no  El País esta reportaxe sobre VIVIAN WING-WAH YAM

Aprendemos Q na cociña


“quimica en la cocina

a cociña familiar


<La cocina familiar, nuestro laboratorio iniciático>

Fritir un ovo en frío


imaxe_1

A pirámide alimentaria na Química

Convencido da utilidade de por en común todo o que pasa pola cabeza diante dun espazo en branco, e dispondo aínda que non sexa moito, dun tempo para sentarse diante do teclado, é hora de enumerar algo do traballo que podemos facer co noso alumnado .
O tema da química e cociña ten utilidade pola fonte de recursos que supón para introducir algún dos conceptos de química que figuran no currículo de 3º e 4º da ESO.
Na rede hai material de consulta que pode facilitar este traballo. Por referenciar aspectos do currículo, podemos traballar o concepto de mestura e a súa clasificación, clarificar o concepto de disolución. Traballar técnicas como filtración, decantación…traballar con cambios de estado, introducir os conceptos de reacción química, factores que inflúen na velocidade da reacción química como pode ser a temperatura ou o grao de división dos produtos cos que cociñamos, catalizadores… Os aditivos alimentarios permiten falar tamén destes conceptos.
Podemos, do mesmo xeito, traballar outros como acidez e basicidade utilizando moitos dos produtos de cociña, e introducir algúns dos compostos químicos máis cercanos ao alumnado e que manexamos na cociña como poden ser a auga, o ácido acético, o cloruro sódico, bicarbonato, alcol etílico, dióxido de carbono. Se falamos de produtos de limpeza na cociña o número de compostos químicos a utilizar e moi grande pero podemos falar dalgúns como a sosa o amoniáco, o xabrón…