Arquivo do blog

Q e muller no 8 de marzo


Lemos no  El País esta reportaxe sobre VIVIAN WING-WAH YAM

Aprendemos Q na cociña


“quimica en la cocina

a cociña familiar


<La cocina familiar, nuestro laboratorio iniciático>

Fritir un ovo en frío


imaxe_1

A pirámide alimentaria na Química

Convencido da utilidade de por en común todo o que pasa pola cabeza diante dun espazo en branco, e dispondo aínda que non sexa moito, dun tempo para sentarse diante do teclado, é hora de enumerar algo do traballo que podemos facer co noso alumnado .
O tema da química e cociña ten utilidade pola fonte de recursos que supón para introducir algún dos conceptos de química que figuran no currículo de 3º e 4º da ESO.
Na rede hai material de consulta que pode facilitar este traballo. Por referenciar aspectos do currículo, podemos traballar o concepto de mestura e a súa clasificación, clarificar o concepto de disolución. Traballar técnicas como filtración, decantación…traballar con cambios de estado, introducir os conceptos de reacción química, factores que inflúen na velocidade da reacción química como pode ser a temperatura ou o grao de división dos produtos cos que cociñamos, catalizadores… Os aditivos alimentarios permiten falar tamén destes conceptos.
Podemos, do mesmo xeito, traballar outros como acidez e basicidade utilizando moitos dos produtos de cociña, e introducir algúns dos compostos químicos máis cercanos ao alumnado e que manexamos na cociña como poden ser a auga, o ácido acético, o cloruro sódico, bicarbonato, alcol etílico, dióxido de carbono. Se falamos de produtos de limpeza na cociña o número de compostos químicos a utilizar e moi grande pero podemos falar dalgúns como a sosa o amoniáco, o xabrón…