Arquivo do blog

Ter Química versus Quimiofobia (A revista)


Se queres podes consultar a versión dixital

É posible a Q sen as matemáticas?


¿Es posible la química sin matemáticas? from creamat on Vimeo.

Nova metodoloxía didáctica da Q


Unha profesora dun IES, Mª Angeles Sánchez Guadix, aposta por unha nova metodoloxía didáctica baseada na utilización dos fundamentos químicos dos trucos de cociña, limpeza ou perruquería para a ensinanza da química.

Para saber máis: trucos de cociña para aprender química

Anécdota de Rutherford.


    A solución a un problema nunca é unha soa.

       ensinando-a-pensar

Química na cociña


Química na cociña

Non existe outro lugar onde acontezan tantos e tan fabulosos misterios como na cociña. Alí é onde mezclamos, quentamos, enfriamos, conxelamos, desconxelamos e ocasionalmente queimamos un increíble surtido de materiais de orixen animal, vexetal e mineral.

Baixo actividades tan sinxelas e familiares acontecen algunas transformacións  realmente extraordinarias, transformacións coas que os alquimistas só fantasearían, pero agora somos capaces de explicar en términos sinxelos, xa que sabemos da existencia das moléculas.

Sabemos o que acontece cando ferve a auga nun caldeiro?

Escoitamos que cando agregamos sal a auga, esta incrementa a súa temperatura de ebullición, si esto sucede, de onde procede o calor extra?

Canto máis tempo pasa un ovo o lume máis se endurece. Agora ben, si en lugar dun ovo utilizo unha pataca, esta se resblandecería. Que terá o calor para producir efectos tan distintos nos alimentos.

Por que podo fundir o azucre e non o sal?

As respostas a estas e outras  preguntas están na Química.

Aprendemos Q na cociña


“quimica en la cocina

a cociña familiar


<La cocina familiar, nuestro laboratorio iniciático>

Fritir un ovo en frío


imaxe_1

A pirámide alimentaria na Química

Convencido da utilidade de por en común todo o que pasa pola cabeza diante dun espazo en branco, e dispondo aínda que non sexa moito, dun tempo para sentarse diante do teclado, é hora de enumerar algo do traballo que podemos facer co noso alumnado .
O tema da química e cociña ten utilidade pola fonte de recursos que supón para introducir algún dos conceptos de química que figuran no currículo de 3º e 4º da ESO.
Na rede hai material de consulta que pode facilitar este traballo. Por referenciar aspectos do currículo, podemos traballar o concepto de mestura e a súa clasificación, clarificar o concepto de disolución. Traballar técnicas como filtración, decantación…traballar con cambios de estado, introducir os conceptos de reacción química, factores que inflúen na velocidade da reacción química como pode ser a temperatura ou o grao de división dos produtos cos que cociñamos, catalizadores… Os aditivos alimentarios permiten falar tamén destes conceptos.
Podemos, do mesmo xeito, traballar outros como acidez e basicidade utilizando moitos dos produtos de cociña, e introducir algúns dos compostos químicos máis cercanos ao alumnado e que manexamos na cociña como poden ser a auga, o ácido acético, o cloruro sódico, bicarbonato, alcol etílico, dióxido de carbono. Se falamos de produtos de limpeza na cociña o número de compostos químicos a utilizar e moi grande pero podemos falar dalgúns como a sosa o amoniáco, o xabrón…