Q queremos
Os compoñentes do grupo son docentes con formación en Química e posúen ampla experiencia no ensino desta materia. Levan traballando conxuntamente en equipo dende hai uns anos e o presente blog é un proxecto que pretende reflectir parte do traballo realizado.
É un feito doadamente constatable a imaxe distorsionada que a sociedade actual posúe da Química. Sexa pola influenza dos medios de comunicación, polos graves accidentes que teñen acontecido na industria química ou pola carencia na maioría das persoas dunha auténtica formación e alfabetización científico-tecnolóxica, o certo é que a imaxe da Química está ligada ao negativo, ao artificial, ao perigoso, ao problemático e mesmo ao tóxico e velenoso. Pois ben, é propósito do traballo a desenvolver neste blog o contribuír a cambiar esta visión deformada que moitas persoas teñen da importancia e posibles beneficios que se derivan da aplicación práctica da Química.
Pretendimos aproveitar a efeméride da proclamación pola Asemblea Xeral da ONU do ano 2011 como Ano Internacional da Química para deseñar e poñer en marcha esta ferramenta que axude a mudar a percepción social negativa que se ten da Química. Cambiar esa imaxe estereotipada por unha un pouco máis matizada e ponderada, facendo ver tamén as vantaxes, utilidades e beneficios de certas substancias químicas indispensables para a vida, a saúde e o benestar dos cidadáns.
Constatamos que o noso alumnado participa desta visión negativa. En consecuencia, pretendemos iniciar un cambio de hábitos, actitudes e visións. Somos conscientes de que este, de producirse, será lento e laborioso xa que os estereotipos sociais son moi difíciles de combater, máis estamos certos de que o esforzo merece a pena.
Longa vida a este estupendo traballo!!
Saúdos,
Rexina