Category Archives: Uncategorized

A táboa periódica estrea novos elementos


Novos elementos químicos foron descubertos no laboratorio por equipos internacionais de investigación nos USA e na Rusia.

Fóronlle atribuidos a numeración 114 e 116 no tocante ao número atómico.

Como adoita acontecer nestes casos, aínda non teñen nome e a súa vida media, antes de desintegrarse, é moi curta (uns segundos nun caso e algunhas décimas no outro).

O máis recente elemento químico descuberto databa de 2009 e foille estabelecido o nome de copernicium, para cuxo símbolo químico escolleuse Cp.

(Por certo se premes na imaxe terás acceso a diferentes videos sobre
algúns elementos químicos)

Ter Química versus Quimiofobia (A revista)


Se queres podes consultar a versión dixital

É posible a Q sen as matemáticas?


¿Es posible la química sin matemáticas? from creamat on Vimeo.

A Química é vida


É posible vivir sen Química?

Abonda con ollar ao noso redor, con observar a nosa actividade cotián e a vida dos demáis para decarse que non. De certo, non seria posible a nosa existencia, tal e como a coñecemos, sen o concurso da ciencia central, da Química. Da ciencia que estuda a estrutura, composición, propiedades e transformación das substancias. Da ciencia que estuda a materia que nos circunda e que a transforma mediante o concurso das reaccións químicas. Da ciencia que o mesmo estuda as características de determinado polímero co que se fabrican os chips, que a composición e estrutura de determinado material descuberto nas últimas excavacións arqueolóxicas ou mesmo as propiedades de determinado meteorito. Consecuentemente, a Química forma parte de todos os aspectos da nosa existencia, das nosas tarefas diarias, desde a máis simple até a máis complexa, desde a preparación e asimilación dos nosos alimentos ata a conservación da vida no planeta.

Aspectos tales como o coñecemento e comprensión da estrutura da materia, das macromoléculas que realizan as  funcións e os procesos bioquímicos máis elementais, tamén os máis complexos, das reaccións químicas que están na base da explicación dos mecanismos que regulan a vida, da enerxía que se precisa para que esta se manteña e da regulación dos procesos metabólicos máis comúns, son deudores da ciencia experimental que liga a base e estrutura física dos seres vivos co seu mecanismo e función biolóxica.

Para alimentar e facilitar o benestar dun número cada vez maior de persoas foi necesario inventar novos materiais, como os plásticos e os polímeros, que permitiron o desenvolvemento de amplas capas sociais, producir novos  fertilizantes e pesticidas precipitando e acrescendo os procesos naturais, controlando e aminorarando as pragas e as doenzas das prantas, poñer en práctica as técnicas do frío relacionadas coa conservación de alimentos, descubrir novas substancias farmaceuticas que melloran a nosa saúde e prolongan a vida e deseñar novos procesos industriais para xenerar a enerxía e os produtos capaces de manter todo o ciclo económico e produtivo no que está baseado a sociedade actual.

O reto para o futuro será substituir os procesos químicos contaminates e nocivos para o medio ambiente por outros respectuosos e que contribúan a diminuir os efectos da contaminación nas súas diferentes modalidades e formas.  Pasar dunha química industrial na que o coste medioambiental estivo mais ben ausente a outra na que o teña en conta para construir unha química posible, sustentable e facilitadora de vida.
Todos os recursos, bens, gozos e praceres que a natureza nos subministra son o resultados de átomos e moléculas, de procesos de transformación e formación que a Química foi quen de descubrir, estudar e comprender para poder melloralos e polos a disposición dun número cada vez maior de persoas.

A Química tamén está directamente relacionada co establecemento do xenoma humano, da secuenciación das bases do ADN e figura na base da síntese e obtención dos máis diversos remedios e medicamentos que palían o efecto das enfermidades, tratando de imitar aos procesos biolóxicos naturais cando non mellorándoos para permitir a  curación das doenzas e aumentar o benestar e a saúde da populación.
Se reparamos no horizonte que se lle abre á Química podemos constatar que, segundo algúns estudosos e espertos, moi posiblemente no futuro, os  camiños poderán tomar algunhas das seguintes direccións:
1. Substituir as fontes de enerxía baseadas nos combustibles fósiles por outras máis sustentables e menos contaminates. Neste sentido ábrense campos de moi prometedoras perpectivas: pilas de combustible, que producen enerxía liberando auga no canto de dióxido de carbono, combustibles baseados no hidróxeno obtido a partir da auga, ou combustibles baseados no metal obtido a partir de auga e dióxido de carbono, ou ben os biocombustibles a base de etanol, obtido a partir da celulosa.

2. Obtención de modernos catalizadores a partir de materiais baratos e non contaminantes, que permitan a realización eficiente e económica das reaccións químicas. Moitos procesos industriais importantes non serían posibles sen a presenza de substancias eficaces e perdurables no tempo que permiten que se realicen de forma rápida e eficazmente.

3. Síntese de novas e máis potentes moléculas con efectos terapeuticos máis selectivos e eficaces. Moléculas e macromoléculas que substitúan con garantía ás naturais cando elo fose necesario.

4. Deseñar e poñer en funcionamento novos sistemas de valorización da biomasa como fonte para producir novas substancias útiles, tirando valor económico á producción de montes e bosques, lonxe de usos máis convencionais como materia combustible.

5. Estudar procesos de síntese de substancias a partir de produtos refugallo ou de substancias contaminates de outros procesos industriais, tendo como base a reciclaxe e a reutilización.

6. Estudar as relacións entre a estrutura e a función nas proteínas, aumentando a colaboración coa ciencia biolóxico na procura de un maior aproveitamento dos beneficios derivados da secuenciación do xenoma humana de cara comprender mellor certas doenzas con base xenéticas e poder sintetizar medicamentos máis selectivos.

7. Colaborar na obtención mediante procesos biotecnolóxicos de substancias tales como o etanol, o biogás, o butanol, a acetona o glicerol e determinados ácidos e enzimas. Similarmente empregar tales procesos para mellorar o medio ambiente mediante a recuperación e reutilización do petróleo e os seus derivados, do tratamento do lixo e da purificación das augas.

8. Deseño e síntese de novos fertilizantes “intelixentes”, que libertan o nitróxeno a medida que a pranta o vai precisando, e de mellores pesticidas máis selectivos, eficientes no combate das pragas mais inócuos en ralación a certos insectos útiles a ao home.

9. Síntese de nanopartículas para construir nanomateriais, nomeadamente na forma do carbono que se ten demostrado con grande futuro e de variadas e moi especializadas aplicacións: o grafeno. Por outra banda, as nanopartículas son quen de modificar as propiedades magnéticas, eléctricas, térmicas e mecánicas dos materiais para regular as funcións de cetas moléculas en relación a procesos metabólicos complexos. Os coloides e as reaccións de polimerización, dous campos centrais de atención por parte da Química teñen moito a ver co desenvolvemento da nanotecnoloxía.

10. Desenvolvemento de novas técnicas e aparellos de análise e perfecionamento das xa esistentes, tales como a espectroscopia ultravioleta, de infravermello, de fluorescencia e Raman, a fotometría de absorción atómica, a cromatografía líquida de alta eficiencia e de fase gasosa, a resonancia magnética nuclear, a espectrometría de masas e outras.

Decididamento todo o que somos, todo o que somos quen de obter, de fabricar, de construir, todo o que conforma a nosa realidade vital, e tamén a esistencial, é química. Neste sentido podemos dicir que a Química está en todas partes. Sen ela sería imposible comprender o mundo en que vivimos. Ademáis, e contrariamente ao que afirman algúns, a Química non é unha ciencia feita, sen grandes problemas que resolver. Como podería selo se ten diante de si tan grande e complicado obxecto de estudo? E que por acaso ímos cometer o mesmo erro que se estableceu a finais do século XIX coa Física, cando se aventuraba que todo estaba xa ben establecido e descuberto e que, en todo caso, só quedaba afinar máis nas medicións, nos cálculos e nos resultados? Daquela, só houbo que esperar uns cantos anos para que Einstein iniciase un camiño de non retorno abrindo novos e inexplorados campos que conformaron novas ramas da Física que haberían de modificar profundamente o paradigma establecido.

Quizáis a Química se atope ante un desafío histórico de similares características. O futuro nolo dirá.

Poesía Q : María Cegarra


Unha das relacións máis descoñecidas é a da Q coa poesía. Os compañeiros de Trafegando Ronseis incansables no seu excelente traballo ,parabéns!!, atoparon unha relación que non coñeciamos en María Cegarra, primeira muller en ter un laboratorio de mineraloxía en España, poeta e amiga de Miguel Hernández. Puxéronse  en contacto co instituto español que leva o seu nome para que lles mandasen os seus poemas, posto que están esgotados os libros, e mandáronllos  nun pdf. Unha poesía moi interesante a súa, por certo.

Quimifobia: Redes a2tve E.Punset


Quimifobia. Programa Redes.
¿Quimifobia? Química en la vida cotidiana

Contaminación, drogas y venenos. Cuando pensamos en química acuden a nuestra mente ideas negativas y productos perjudiciales para nuestra salud. Diferenciamos entre lo natural y lo químico elogiando los beneficios de lo que proviene de la naturaleza en detrimento de lo creado por el hombre. Pero, ¿tiene algún fundamento este odio hacia lo químico?

John Emsley, químico y escritor de varios libros de divulgación científica, afirma que igual que hay cosas naturales que son dañinas también encontramos en la química cosas que no causan ningún daño. El mundo químico parte del natural. Muchos de los nuevos fármacos que esperamos que acaben con algunas de las enfermedades de este siglo, se encontrarán en la naturaleza y se transformarán en la industria química y farmacéutica para nuestro beneficio.

Y es que la química está en todo. Desde que nos despertamos hasta que nos acostamos la química nos persigue. No sólo la encontramos en los productos creados por el hombre sino que nuestro cuerpo también es química. Un ejemplo son nuestro “sentidos químicos”, el gusto y el olfato, percibimos sabores y aromas gracias a la química.

Para ilustrar la importancia de la química en nuestras percepciones el programa contará con diversos reportajes dedicados al vino, los perfumes y la cocina donde la química es fundamental para crear nuevas texturas, sabores y fragancias. También veremos como la química de los sentidos permite el desarrollo de dispositivos artificiales que, imitando la función de nuestra nariz o lengua, identifican olores y sabores y realizan análisis muy precisos de las características de los productos.

Enlace ao programa completo.