Category Archives: física atómica e nuclear

Darmstadtio (Ds)/Roentgenio (Rg)/Copernicio (Cn)


Tres novos elementos van ser recolocados na táboa periódica. Así o decidiron nas reunións da conferencia da Unión Internacional de Física Pura e Aplicada, (IUPAC) celebrada a pasada semana en Londres.

Accedamos á información de cada un deles:

A magna obra de Mendeléyev vaise cumprindo.

 

 

Conmemoración do centenario da Física Atómica e Nuclear


Ernest Rutherford, é o protagonista desta efeméride. A súa “teoría planetaria” da estrutura do átomo, elaborada para tratar de dar unha explicación ao resultado do seu famoso experimento, daría comezo á era nuclear (ou atómica, como nun principio se chamou ao descoñecer aínda a estrutura “fina” do átomo e, consecuentemente, do núcleo).

Obviamente non foi o único físico que tivo relevancia nesta alvorada pero sí o que máis contribuíu a elo.

Tampouco remata aqui a súa achega á física (lembremos o seu descubrimento do carácter estatístico da desintegración radiactiva, ou a súa denominación de radiación alfa, beta e gamma para as diferentes partículas produto da emisión radioactiva) mais, quizáis, sexa este modelo atómico (incompleto e inexacto) o que marcou a súa máxima altura como científico.

Recebeu o premio Nobel de Química en 1908. Depois, xa se sabe, creou escola: Bohr, Chadwick, Oppenheimer,…