A enerxía nuclear de fisión


Niveis de seguridade dun reactor nuclear. Fonte: EL PAÍS

A Química tamén ten que ver co grave accidente nuclear acontecido como consecuencia do tremor, e posterior tsunami, que aconteceu en Xapón hai poucos días. Os coñecementos químicos están na base da tecnoloxía asociada ás centrais nucleares de fisión. O que xa non é responsabilidade da Química, senón das persoas que toman decisións en todos os niveis en base a informes e coñecementos de ciencia básica e de dictámenes técnicos, é o que a seguir se relata.

Ate que o goberno de Xapón non recoñeceu a existencia de fugas radiactivas nun dos reactores da central nuclear de Fukushima, debido á apertura dunha fenda na vasixa do reactor como consecuencia da explosión que tivo lugar dentro do edificio de contención, os defensores da enerxía nuclear de fisión tiñan moi serios argumentos, malia a magnitude da catástrofe que acontecera ata eses momentos, para seguir a defender a súa necesidade e idoneidade para producir enerxía eléctrica, é dicir, serias razóns para continuar a defender a súa existencia.

Tratábase dun reactor nuclear de primeira xeración que tiña soportado un dos maiores incidentes ou eventos que se puidese ter imaxinado no momento do deseño dos sistemas de seguridade: un tremor de 9,0 graos na escala de Richter e un posterior sunami de proporcións espectaculares. Non eran necesarias máis probas para constatar a seguridade deste tipo de instalacións. A central nuclear tiña resistido en condicións extremas dificilmente imaxinables.

Pero todo cambiou cando se recoñeceu a evidencia de fugas radiactivas. Ya non vale a comparación interesada afirmando que non estabamos fronte a  outro Chernobil. Con escape radiactivo continuo á atmosfera, por pequeno que este sexa, a situación con que se avalía o incidente cambia radicalmente.
Ademáis, xa nunca máis debera ser admisible o argumento do menor custe do Kw.h nuclear fronte a outras alternativas se englobamos, como parece inevitable a partir de agora, nos custes de xeración, os provocados para facer fronte a catástrofes desta natureza. 

Haberá quen, a pesar de todo, siga a optar por esta forma de obter a necesaria enerxía, mais deberá facelo dando una explicación satisfactoria a qué facer se nos enfrontamos, de novo, a unha situación similar á acontecida. Os custos en seguridade poderían ser tales que fixesen prácticamente inasumible calquera inversión dunha empresa privada para construir novas centrais.

Daquela, estará máis perto a tan ansiada solución da obtención da enerxía eléctrica a partir da enerxía nuclear de fusión, toda vez que é de esperar que os recursos para a investigación, desenvolvemento e posta en práctica aumenten de forma significativa.

Posted on 17/03/2011, in Sen clasificar and tagged , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: